Capítulo 4 xa dispoñible!

Descargar

INICIO

DELTARUNE en galego é un parche de tradución completa de DELTARUNE á lingua galega.

O noso obxectivo é localizar de forma fiel todo o contido do xogo: texto, sprites e audio, para que poda ser gozado en galego da mesma forma que no inglés orixinal.

O proxecto está desenvolvido por un grupo de fans do xogo, e non ten ningunha afiliación oficial con Toby Fox nin co equipo de Deltarune.

Actualmente, estamos traballando en traducir o Capítulo 5! Os previos 4 capítulos están listos para xogar.

equipO

mAnu-pc

Direción, tradución.

CuncO

Revisións lingüísticas extensivas de todos os capítulos. Tradución capítulo 4.

CPereS06

Tradución capítulo 4.

Dantido2

Tradución capítulo 4.

Alneth

Testeo, axuda tradución.

JuliO

Voz de Jackenstein, Jevil.

Capturas

descargA

Versión 3.0 · "PROFECÍA (Capítulo 4)" · publicada o 30 de xullo de 2026

Descargar

Como instalar

  1. Descarga o arquivo DELTAGAL.zip.
  2. Descomprime este arquivo na carpeta de DELTARUNE. Podes acceder a ela dende Steam (Deltarune → Propiedades → Arquivos instalados → Navegar).
  3. Substitúe todo cando se pida.

No caso dalgún erro, volve á lapela de antes en Steam e selecciona Verificar integridade dos arquivos, ou desinstala e volve a instalar o xogo (isto non elimina as partidas gardadas).

Cambios

Capítulo 4

  • Tradución completa de diálogos, sprites, textos de combate e obxectos (e, por primeira vez, liñas de voz!) ao galego

Outros capítulos

  • Arranxados algúns erros de formato no capítulo 2
  • Arranxados erros en distintos capítulos relacionados coa "ruta alterna" do xogo
  • Estandarización de distintos nomes de obxectos equipables e consumibles
  • Tradución dalgúns sprites que aparecen en varios capítulos (a calella, o diner, a lousa na aula de toriel...)
  • Feiraco

Equipo de tradución neste capítulo

ContactO

Se estás interesade en axudar, atopaches algún problema coa tradución, ou sinxelamente queres seguir o proxecto, estamos presentes nestas redes :D